Thursday 16 de May de 2024

A Deputación inicia os trámites necesarios para a venta das súas parcelas no Polígono de Sabón


Levará ao pleno do próximo martes a desafectación dunha das fincas

A Deputación da Coruña levará ao pleno do próximo martes a aprobación do expediente para a desafectación dunha das parcelas que posúe no polígono de Sabón, o que supón o seu paso de dominio público a ben patrimonial e o trámite inicial para a súa venta.

Tal e como anunciou o presidente da Deputación no momento da cesión do parque empresarial ao Concello de Arteixo, a venta afectará ás dúas parcelas que son titularidade da institución provincial, cunha valoración de partida de 2.596.468,46 de euros.

Unha vez completado o trámite da desafectación, procederase á venta conxunta das dúas parcelas, que son colindantes, mediante o sistema de poxa.